English Français Castellano Galego

Sendeirismo e Montaña

Podedes atopa-las saídas xa programadas (e tamén as xa realizadas) na miña páxina de Facebook : www.facebook.com/garethdegazost

Todas as miñas saídas e expediciones son deseñadas segundo os desexos do cliente. Aquí tedes algunhas posibilidades...

O Meu Primeiro Tresmil

Xullo/agosto/septembro.
Tes unha boa forma física? E gustaríache facer o teu primeiro cumio de máis de 3000m? Podes elexir entre:

  • Pequeno Vignemale
  • Taillón
  • Balaïtus
  • Turón de Néouvielle

Todos son posibles nunha única xornada se tes unha forma física moi boa, pero tamén disponible nunha saída de 2 días con noite en refuxio ou tenda.

Á Busca das Marmotas

Une marmotte

Sae á busca das marmotas, e moitos outros animais tamén por suposto! Levareivos aos mellores sitios para observar estes pequenos mamíferos tan monos e aprenderemos máis sobre os segredos do seu modo de vida. Ideal para os peques, e tamén para os grandes! Só entre abril e septembro porque no inverno hibernan!

Colección: "Os Miradoiros dos Altos Pirineos"

Hai cumios para todos os gustos e todos con vistas espectaculares. Posibles todo o ano segundo as condicións meteorolóxicas.

Doado :

  • Pico do Hautacam
  • Pico de Jer
  • Monte de Gez
  • O Bergons
  • Pico de Bazès
  • Soum de Granquet
  • Soum de la Siarrousse

Mediano :

  • Peña Souquete (Le Pibeste)
  • O Cabaliros
  • El Montaigu
  • Pico de Léviste

Mediano + (con pasaxes ás veces algo aéreas) :

  • A Péguère
  • O Viscos
  • Le Midi d'Arrens
  • O Grand Gabizos

A Volta ao Monte Perdido

  • Unha expedición de 6 días na zona de Ordesa e Monte Perdido (3355m) durmindo en refuxios de montaña (pensión completa aprox. 50 euros): case exclusivamente polo lado español, as fervenzas e cañones de Ordesa e Añisclo, a oportunidade de subir a un pico de 3000m, o Circo de Gavarnie dende arriba, a espectacular Brecha de Rolán e o fermoso pobo aragonés de Torla. Tamén seria posible organizar voltas ao Néouvielle, ao Vignemale ou ao Balaitus!
  • Volta ao Monte Perdido
  • Volta ao Monte Perdido
  • Volta ao Monte Perdido
  • Volta ao Monte Perdido
  • Volta ao Monte Perdido

Expedicións a outras destinacións

  • Contratarme para guiarvos por un dos moitos camiños de Santiago de Compostela (existen itinerarios en Francia, España, pola costa, seccións con montañas, outras con pobos fermosos e monumentos culturais, podedes contactarme para consellos, xa os fixen todos varias veces !)
  • Tamén podedes contratarme por algúns días para explora-lo Macizo Central francés coa súa increíble paisaxe volcánica e fascinante xeoloxía
  • Expedicións aos Picos de Europa na costa norte de España (terra de sorprendentes torres calcáreas, cañóns profundos e vistas ao mar)
  • Expedicións aos Himalayas do Nepal (Campo Base do Everest, trekking dos Annapurnas, ou outros trekkings menos coñecidos pero igual de fermosos e interesantes a nivel cultural)
  • Ou... viaxes a outras zonas da Cordilleira Cantábrica, combinando o sendeirismo con cultura, idiomas, gastronomía, etc.

Ou a cualquera outro sitio do mundo !

Créditos do sitio e información legais