English Français Castellano Galego

Reservas para Raquetas de neve

Loading...

(envíame un email ou chámame antes de pagar por internet por favor - as disponibilidades cambian máis rápido na realidade que no calendario do sistema de reservación!) Subsistúe a túa noite diante da tele cunha camiñada de raquetas baixo as estrelas sobre as crestas do Hautacam, na Reserva Internacional do Ceo Nocturno. Déixate sorprender pola profundidade do universo, contempla as luces dos pobos baixo os teus pés, descubre as constelacións máis importantes, ou deixa que a lúa cheia ilumine o teu camiño baixo a vía láctea. Lembra que dous tercios dos animais salvaxes son nocturnos, ¡así que temos boas posibilidades de ver algo alí arriba! Comezaremos coa espectacular posta de sol antes de poñernos as nosas raquetas de neve para gañar algo de altura. A hora da nosa saída variará en función da data (porque a posta de sol non é sempre á mesma hora!). Envíame un email ou chámame para máis detalles. Máis información: 0033 (0)781510460 e garethdegazost@gmail.com ¡Para grupos, tamén sería posible incluir unha experiencia gastronómica de alta montaña por só 18 euros máis por persoa! O transporte organízase en coches privados compartidos (chamareivos o día antes para confirma-lo sitio e a hora de quedar).