English Français Castellano Galego

Reservas para Raquetas de neve

Loading...

(envíame un email ou chámame antes de pagar por internet por favor - as disponibilidades cambian máis rápido na realidade que no calendario do sistema de reservación!) Unha saída con raquetas de neve. Media xornada. Raquetas e bastones incluídos no prezo. Tamén posible pola tarde (envíame un email). O transporte organízase en coches privados compartidos (chamareivos o día antes para confirma-lo sitio e a hora de quedar). A saída comeza cerca da estación de esquí de Hautacam. Unha saída de nivel fácil, perfeito para debutantes. Vistas impresionantes da Brecha de Rolando e a chaira de Tarbes. Informacións locais e culturais, interpretacións da paisaxe e explicacións sobre a montaña. Se non hai moita neve no Hautacam, faremos unha saída alternativa noutro sitio do val. Máis información: 0033 (0)781510460 e garethdegazost@gmail.com