English Français Castellano Galego

Geu a Saint-Béat (A Dobre Travesía dos Pirineos no Inverno - 2021)


Día 1 (20 de xaneiro de 2021): Geu a Gazost. Punto culminante = Pico do Hautacam (1746 m). 16 km, 1450 m de desnivel positivo. Condicións = seco, vento do sur (Balaguère), boa visibilidade, neve a partir de 1100 m.

Día 2 : (21 de xaneiro de 2021): Gazost ao val do Hourc. Punto culminante = Pico do Oussouet (1873 m). 15 km, 1350 m de desnivel positivo. Condicións = vento, seco ata as 2 da tarde e logo choiva. Neve dende 1200 m.

Día 3 (22 de xaneiro de 2021): Val do Hourc a Sainte-Marie-de-Campan. Punto culminante = punto aos 1800 m indo cara ao Liset de Hount Blanc (DECISIÓN DIFICIL- tiven que renunciar ao cume porque os ventos da tormenta "Hortensia" me tiraban ao chan, imposible/perigoso avanzar pola cresta, asín que improvisei outro camiño ata Santa María de Campan). 21 km, 1100 m de desnivel positivo. Condicións = Tormenta / raios / choiva pola mañá para desmonta-la tenda, logo vento moi forte (tormenta Hortensia) con choiva / neve horizontal e bastante mala visibilidade.

Día 4 (23 de xaneiro de 2021): Santa María de Campan á Cabaña de Artigueluz. Punto culminante = Signal de Bassia (1921 m). 17 km, 1400 m de desnivel positivo. Condicións = vento e neve, pero boa visibilidade

Día 5 (24 de xaneiro de 2021) : Cabaña de Artigueluz a Arreau. Punto culminante = Cabaña de Artigueluz (1396 m). Cume do día = Plat de la Peyre (1093 m). 16 km, 250 m de desnivel positivo. Condicións: noite con moita choiva e vento, un poquiño de neve pola mañá e logo calor con algunhas choivas pola tarde.

Día 6 (25 de xaneiro de 2021) : Arreau á Cabaña de Artigues-Longues. Punto culminante = punto 2027 na cresta que va cara ao Mont Né (2147 m) - DECISIÓN DIFÍCIL: decidín da-la volta despois da cima da Montaña do Pino (2001 m) porque tiña cero visibilidade (estaba na ′′caixa branca′′) e habia grandes cornisas na cresta, conseguin chegar á cabaña polas pistas forestais que rodean a base da montaña. Cume do día = Montaña do Pino (2001 m). 20 km, 1600 m de desnivel positivo. Condicións = choiva / neve lixeira e sen parar (límite choiva / neve a 1200 m) sen vento. Néboa. Visibilidade cero (′′caixa branca′′) nas crestas

Día 7 (26 de xaneiro de 2021): Cabaña de Artigues-Longues a Bagnères-de-Luchon. Punto culminante = Pico do León (2102 m). 22 km, 1000 m de desnivel positivo. Condicións = Sol, neve moi húmeda (1300 m)

Día 8 (27 de xaneiro de 2021): Bagnères de Luchon á Cabaña de Peyrehitte. Punto culminante: Cabaña de Peyrehitte (1930 m). 10 km, 1300 m de desnivel positivo. Condicións: tempo moi cálido con choiva todo o tempo e moito vento mais tarde. Néboa bastante espesa.

Día 9 (28 de enero de 2021): Cabaña de Peyrehitte a Saint Béat. Punto culminante = Pico de Bacanera (2193 m). 16 km, 1000 m de desnivel positivo. Condicións = Sol, calor.

Resumen de 2021: Geu a Saint Béat - 9 días. Punto culminante = Pico de Bacanera (2193 m). 153 km, 10450 m de desnivel positivo. Condicións = 3 días de mal tempo, 4 días de tempo misturado, 2 días de bo tempo. En 2022 : Saint Beat a Montségur. Agora vou escribir unha versión mais interesante da viaxe.....

Créditos do sitio e informacións legais