English Français Castellano Galego

A Dobre Travesía dos Pirineos no Inverno


Os Pirineos, dun lado ao outro no inverno

Cando cumprin 40 anos, tiven unha idea. Sería posible chamalo « crise », « loucura » ou « problema psicolóxico » pero persoamente prefiro a palabra « soño ». Antes de que sexa demasiado tarde. Un soño de aventura salvaxe saíndo da porta da miña casa, aquí no pobo de Geu (entre Argelès-Gazost e Lourdes). A exploración do universo increíblemente variado da cadea dos Pirineos. Un periplo solitario entre as extremidades da cordilleira e cara aos límites de min. No inverno, equipado coas miñas raquetas de neve, a miña tenda, e a miña determinación. Para min, unha aventura de verdade non consiste sempre en ir a terras afastadas, senón que debe poñer a proba a túa forma física e cambiarche mentalmente. Será entón unha viaxe dende Geu (perto de Argelès-Gazost) ao Mediterráneo pasando polo lado francés ; dende o Mediterráneo ao Atlántico pasando polo lado español ; e finalmente a volta ata Geu pasando polo País Basco e o Béarn. Un percorrido de aproximadamente 93 días, 1687km e 93,5000m de desnivel positivo. Pasando as noites en cabañas, tenda de campaña, e en hostais e hoteis dos pobos.

Dende as tremendas olas da costa basca aos ventos violentos da Tramontana catalana. Dende os outeiros verdes cheios de ovellas á garriga mediterránea. Entre Hendaya e Banyuls, entre o Cap de Creus e o Cabo Higuer. Dende os orgullosos cumes dos Altos Pirineos e o Ariège ata a inmensa beleza de Navarra e Aragón. Dende a garbure bearnesa á crema catalana. Do piemonte francés mollado ao piemonte español seco. Un patrimonio sorprendente entre os monasterios románicos e as ermitas antigas. Do euskera ao catalán pasando polo francés, o castelán, o bearnés, o gascón, o occitano, o aragonés e o aranés.

Entre os rebecos e os osos, planifiquei un itinerario o máis seguro posible, o cal non é moi fácil no inverno coas variacións constantes das condicións meteorolóxicas e o manto nivoso. Tiven que evitar bastantes sitios emblemáticos e de gran beleza pero con perigo de avalanchas para favorecer pendentes menos pronunciados e zonas de fragas. Ademáis, terei que ser seguramente moi flexible e utilizar a miña experiencia para evalua-la situación continuamente. Ao principio quería facelo todo de golpe, pero deime conta que estaba sendo demasiado ambicioso, así que decidin dividilo en 8 seccións de máis ou menos dúas semanas cada unha, e sempre durante o mes de xaneiro (que é cando teño menos traballo de todos os xeitos).

Finalmente, gustaríame escribir. Observar para conta-la realidade ou inspirarme para contar historias. Ou quizáis as dúas cousas ao mesmo tempo – historias construidas sobre unha base de realidade pirenaica, sobre lugares e experiencias. Máis que un simple relato da viaxe dunha extremidade á outra. Máis ben unha especie de diario que leva á imaxinación tamén de viaxe. Porque sen un pouco de imaxinación.....a viaxe ten menos sentido.

Podedes seguir o meu progreso cada ano na miña páxina de Facebook, e tamén facendo clic nas 8 seccións da miña viaxe na lista seguinte :

  • 2021 : ARGELES-GAZOST A SAINT-BEAT
  • 2022 : SAINT-BEAT A MONTSEGUR
  • 2023 : MONTSEGUR A CADAQUES (por Banyuls e Cap de Creus)
  • 2024 : CADAQUES A PUIGCERDA
  • 2025 : PUIGCERDA A BOLTAÑA
  • 2026 : BOLTAÑA A RONCESVALLES
  • 2027 : RONCESVALLES A SAINT-JEAN-PIED-DE-PORT (por Cabo Higuer e Hendaya)
  • 2028 : SAINT-JEAN-PIED-DE-PORT A ARGELES-GAZOST
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno
    • A Dobre Travesía dos Pirineos no Invierno

    Créditos do sitio e informacións legais