English Français Castellano Galego

Programa de cumios - tempada de verao en Argelès-Gazost

Programa de verao de cumios (xuño - octubro)

  • LUNS : 08h30 - 17h00 CUMIO DO MIDI D'ARRENS (2267m) - A montaña triangular visible dende a entrada do val de Argelès-Gazost. Pico emblemático do Val d'Azun. Inesquecible subida bastante dura e con paso aéreo pero divertido cara ao final.
  • MARTES : 08h30 - 17h00 CUMIO DO VISCOS (2141m) - A montaña triangular que resalta por riba de Argelès-Gazost. Subiremos dende Luz-Ardiden ou Cauterets, sempre cunha cresta aérea e divertida cara ao final.
  • MERCORES : 08h30 - 17h00 CUMIO DO MONTAIGU (2339m) - Travesía salvaxe para ir a subir un dos cumios máis fermosos do piemonte d Pirineo francés. Vistas do Pic du Midi de Bigorre e máis aló.
  • XOVES : 08h30 - 17h00 CUMIO DO PIC DE BERGONS (2068m) - Entre os vales de Barèges e Luz, esta montaña danos unhas vistas espectaculares cara ao val de Gavarnie e a Brecha de Rolando.
  • VENRES : 08h30 - 17h00 CUMIO DO GRAND GABIZOS (2692m) - Subida moi dura ao fin fondo do Val d'Azun. Unha trepadiña por unha cresta cimera longa con estupendas vistas do Pic de Midi d'Ossau, un dos cumios máis emblemáticos dos Pirineos.
  • SABADO : 08h30 - 17h00 CUMIO DO MONT DE GEZ (1097m) - A montaña local de Argelès-Gazost, os seus vestixios da época glaciar, a exploración do patrimonio cultrual local, e una pequena sorpresa no camiño de volta...
  • DOMINGO : 08h30 - 17h00 CUMIO DO SOUM DE LA SIARROUSSE (2018m) - Montaña clásica de iniciación aos altos cumios dos Pirineos pasando polos pastos do Hautacam e o fermoso Lago de Isaby.

Este programa é orientativo. As saídas serán confirmadas a partir de 2 persoas inscritas. Os primeiros inscritos teñen a prioridade na elección da saída. Reservacións con menos de 3 semanas de antelación. O tempo pode provocar cambios no programa por razóns de seguridade. O transporte será organizado en coches particulares compartidos - hai que chamar o día antes para obtene-los detalles. Hai que levar auga, protección solar, ropa adecuada, botas de sendeirismo que cubran os nocellos, e comida para o mediodía.

Podedes contactarme para reservar e para máis informacións.

Podedes consulta-los prezos aquí.

Volver á páxina principal de sendeirismo para buscar outras ideas.