English Français Castellano Galego

Quén son eu ?


Gareth Evans - Guia de Media Montaña

¡ Ola ! Son Gareth, un Técnico Deportivo de Media Montaña cunha formación profesional en tradución e a ensinanza de idiomas (castelán e inglés). Levo toda a vida explorando as montañas de Europa, África, Asia e Sudamérica a pé ou en bici, e agora o meu traballo consiste en guiar aos demáis polas montañas tanto no verao como no inverno.

Nacido no Reino Unido, estou agora ben instalado ao pé dos Pirineos Centrais en Geu, perto de Argelès-Gazost. Tamén tiven a sorte de vivir durante moito tempo no norte de España, as Highlands de Escocia e no macizo central de Francia, dándome un coñecemento profundo sobre un gran número dos macizos máis fermosos de Europa Occidental. Encántame compartir as miñas experiencias cos demáis e podo axudarvos a aprender máis sobre a xeología, a natureza, os idiomas, e a historia e costumes locais. Levo a clientes que me contactan directamente, ademáis de traballar en colaboración con empresas locais de trekking como La Balaguère, por exemplo. Cando non estou a traballar, poderedes atoparme explorando as montañas na busca de novos retos e ideas, ou subindo en bici a un dos moitos portos de montaña arredor de Argelès-Gazost.

Créditos do sitio e informacións legais