English Français Castellano Galego

Reservas para Raquetas de neve

Posta de sol e noite baixo as estrelas con raquetas de neve

  • Posta de sol e noite baixo as estrelas
  • Posta de sol e noite baixo as estrelas

Prezo : 25 Euros por persoa ou 125 Euros para unha saída privada. 20 Euros polos nenos. Hora de saída : Adoitamos empezar media hora antes da posta de sol. Podo presta-las raquetas e os bastones. Para reservar, mándame un email ou chámame - as miñas disponibilidades cambian rapidamente e ás veces modifico o programa debido ao tempo, a neve e o número de participantes no grupo. Subsistúe a túa noite diante da tele cunha camiñada de raquetas baixo as estrelas sobre as crestas do Hautacam, na Reserva Internacional do Ceo Nocturno. Déixate sorprender pola profundidade do universo, contempla as luces dos pobos baixo os teus pés, descubre as constelacións máis importantes, ou deixa que a lúa cheia ilumine o teu camiño baixo a vía láctea. Lembra que dous tercios dos animais salvaxes son nocturnos, ¡así que temos boas posibilidades de ver algo alí arriba! Comezaremos coa espectacular posta de sol antes de poñernos as nosas raquetas de neve para gañar algo de altura. A hora da nosa saída variará en función da data (porque a posta de sol non é sempre á mesma hora!). Envíame un email ou chámame para máis detalles. Máis información: 0033 (0)781510460 e garethdegazost@gmail.com Para grupos (mínimo de 15 persoas), tamén sería posible incluir unha experiencia gastronómica pirinaica de alta montaña de tres pratos (mándame un email para máis detalles)! Venide equipados dunha mochila, auga, tentempié, e gafas de sol para o principio da saída. Vestirse en función do pronóstico do tempo (utilizar un sistema "cebola" con varias capas finas para poder axusta-la temperatura corporal ás condiciones climatolóxicas cambiantes). No inverno, vai frío pola noite en xeral. Hai que ter botas con caño (que protexen os nocellos) e unha linterna frontal. O transporte organízase en coches privados compartidos (chamareivos o día antes para confirma-lo sitio e a hora de quedar).

  • PAXINA PRINCIPAL RAQUETAS DE NEVE (lista, detalles e descripcións completas dos percorridos)
  • LUNS : 09h00 - 17h00 OS LAGOS XEADOS DA RESERVA NATURAL DE NÉOUVIELLE
  • MARTES : 09h00 - 12h30 O PICO DO NERBIOU
  • MARTES : 13h30 - 17h00 OS CAMIÑOS SEGREDOS DO HAUTACAM
  • MERCORES : 09h00 - 12h30 VAL D'AZUN
  • MERCORES : 13h30 - 17h00 VAL D'AZUN
  • XOVES : 10h00 - 16h00 O LAGO DE ISABY "A ESCOCESA"
  • VENRES : 10h00 - 16h00 A GRAN VOLTA AO HAUTACAM
  • SABADO : 09h00 - 12h30 GAVARNIE
  • SABADO : 13h30 - 17h00 GAVARNIE
  • DOMINGO : 09h00 - 12h30 PONT D'ESPAGNE
  • DOMINGO : 13h30 - 17h00 PONT D'ESPAGNE
  • CADA NOITE : 20h30 - 23h00 NOITE BAIXO AS ESTRELLAS (tamén posible 17h30 - 20h15)