English Français Castellano Galego

Reservas para Raquetas de neve

A Gran Volta do Hautacam

  • A Gran Volta do Hautacam
  • A Gran Volta do Hautacam
  • A Gran Volta do Hautacam

Prezo : 40 Euros por persoa ou 200 Euros para unha saída privada. 35 Euros polos nenos. Hora de saída : 10h00. Podo presta-las raquetas e os bastones. Para reservar, mándame un email ou chámame - as miñas disponibilidades cambian rapidamente e ás veces modifico o programa debido ao tempo, a neve e o número de participantes no grupo. Unha saída con raquetas de neve - xornada completa e empezando na estación de esquí de Hautacam. A dificultade sería entre "moderada" e "difícil". Un desafío físico pero accesible a todos os que teñen unha forma física máis ou menos boa. Adaptarase o itinerario sempre en función do grupo. Vistas maravillosas da chaira de Tarbes así que os cumes máis altos do Pirineo central francés. Explicacións sobre as lendas locais, a fauna, as pegadas dos animais etc. Se non hai moita neve no Hautacam, faremos unha saída alternativa de raquetas de neve noutro sitio no val. O transporte organízase en coches privados compartidos (chamareivos o día antes para confirma-lo sitio e a hora de quedar). Venide equipados dunha mochila, auga, tentempié, comida para mediodía, e gafas e crema de sol. Vestirse en función do pronóstico do tempo e deixar suficiente espazo na mochila para gardar as capas suplementarias cando vai calor (utilizar un sistema "cebola" con varias capas finas para poder axusta-la temperatura corporal ás condiciones climatolóxicas cambiantes). Hai que ter botas con caño (que protexen os nocellos). Máis información: 0033 (0)781510460 e garethdegazost@gmail.com

  • PAXINA PRINCIPAL RAQUETAS DE NEVE (lista, detalles e descripcións completas dos percorridos)
  • LUNS : 09h00 - 17h00 OS LAGOS XEADOS DA RESERVA NATURAL DE NÉOUVIELLE
  • MARTES : 09h00 - 12h30 O PICO DO NERBIOU
  • MARTES : 13h30 - 17h00 OS CAMIÑOS SEGREDOS DO HAUTACAM
  • MERCORES : 09h00 - 12h30 VAL D'AZUN
  • MERCORES : 13h30 - 17h00 VAL D'AZUN
  • XOVES : 10h00 - 16h00 O LAGO DE ISABY "A ESCOCESA"
  • VENRES : 10h00 - 16h00 A GRAN VOLTA AO HAUTACAM
  • SABADO : 09h00 - 12h30 GAVARNIE
  • SABADO : 13h30 - 17h00 GAVARNIE
  • DOMINGO : 09h00 - 12h30 PONT D'ESPAGNE
  • DOMINGO : 13h30 - 17h00 PONT D'ESPAGNE
  • CADA NOITE : 20h30 - 23h00 NOITE BAIXO AS ESTRELLAS (tamén posible 17h30 - 20h15)