English Français Castellano Galego

Reservas para Raquetas de neve

Raquetas de neve no Val d'Azun

  • Raquetas de neve no Val d'Azun
  • Raquetas de neve no Val d'Azun
  • Raquetas de neve no Val d'Azun
  • Raquetas de neve no Val d'Azun
  • Raquetas de neve no Val d'Azun

Prezo : 25 Euros por persoa ou 125 Euros para unha saída privada. 20 Euros polos nenos. Hora de saída : 09h00 ou 13h30. Podo presta-las raquetas e os bastones. Para reservar, mándame un email ou chámame - as miñas disponibilidades cambian rapidamente e ás veces modifico o programa debido ao tempo, a neve e o número de participantes no grupo. Saída de nivel "moderado". Un dos vales máis fermosos dos Pirineos. O itinerario exacto dependerá do nivel físico do grupo, as condicións meteorolóxicas, a neve e se hai algunha petición específica. O transporte organízase en coches privados compartidos (chamareivos o día antes para confirma-lo sitio e a hora de quedar). Venide equipados dunha mochila, auga, tentempié, e gafas e crema de sol. Vestirse en función do pronóstico do tempo e deixar suficiente espazo na mochila para gardar as capas suplementarias cando vai calor (utilizar un sistema "cebola" con varias capas finas para poder axusta-la temperatura corporal ás condiciones climatolóxicas cambiantes). Hai que ter botas con caño (que protexen os nocellos). Se non hai moita neve no Val d'Azun, faremos unha saída alternativa de raquetas de neve noutro val non moi lonxe. Máis información: 0033 (0)781510460 e garethdegazost@gmail.com

  • PAXINA PRINCIPAL RAQUETAS DE NEVE (lista, detalles e descripcións completas dos percorridos)
  • LUNS : 09h00 - 17h00 OS LAGOS XEADOS DA RESERVA NATURAL DE NÉOUVIELLE
  • MARTES : 09h00 - 12h30 O PICO DO NERBIOU
  • MARTES : 13h30 - 17h00 OS CAMIÑOS SEGREDOS DO HAUTACAM
  • MERCORES : 09h00 - 12h30 VAL D'AZUN
  • MERCORES : 13h30 - 17h00 VAL D'AZUN
  • XOVES : 10h00 - 16h00 O LAGO DE ISABY "A ESCOCESA"
  • VENRES : 10h00 - 16h00 A GRAN VOLTA AO HAUTACAM
  • SABADO : 09h00 - 12h30 GAVARNIE
  • SABADO : 13h30 - 17h00 GAVARNIE
  • DOMINGO : 09h00 - 12h30 PONT D'ESPAGNE
  • DOMINGO : 13h30 - 17h00 PONT D'ESPAGNE
  • CADA NOITE : 20h30 - 23h00 NOITE BAIXO AS ESTRELLAS (tamén posible 17h30 - 20h15)